Novas
30/01/2026 05:56
A Xunta celebra o Día da ilustración coa apertura dunha mostra sobre Siro López, autor homenaxeado este ano
‘Siro. A vida nun lápis’ acolle máis de 50 obras que reflicten a diversidade artística deste autor aínda en activo, que cultivou desde a caricatura política ata o teatro, pasando polo xornalismo e a ilustración
López Campos fai fincapé “no gran labor de Siro para pór en valor o humor e fortalecer o tecido de artistas gráficos en Galicia ao longo dos anos”
A exposición, que conta coa colaboración da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, poderá visitarse na Cidade da Cultura ata o mes de maio
28/01/2026 02:02
A Xunta remata o traballo de campo para a renovación do Plan de normalización da lingua con máis de 400 contactos e 1.400 propostas
López Campos puntualiza que “finalizadas as entrevistas aumentáronse os prazos, a petición das comisións, para procesar a documentación con total autonomía e capacidade de decisión”
Neste senso, indica que “agardamos recibir nas vindeiras semanas o informe definitivo tras o que seguiremos insistindo en acadar o maior consenso posible polo galego”
Ademais, reitera que xa se puxeron en marcha outras medidas ao abeiro do Pacto pola Lingua como cursos específicos en diversos ámbitos e sectores profesionais
28/01/2026 01:05
O servizo de ‘A Furgoteca’ da Xunta dobra nun ano o número de persoas usuarias con 2.648 carnés en 2025
Anxo M. Lorenzo enxalza a contribución á accesibilidade cultural deste servizo, que percorre 30 concellos do rural de Lugo e Ourense, de menos de 20.000 habitantes
O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude anuncia que Galicia será sede, en outubro, do XII Congreso de Bibliotecas Móbiles de España e Portugal
22/01/2026 08:11
Valentín García erixe a gastronomía tradicional galega como elemento identitiario do patrimonio inmaterial
O secretario xeral da Lingua presenta ‘De nais a fillas. Receitas para non esquecer’, “tributo ás mulleres gardiás de técnicas e saberes de séculos de historia”