Martina Aneiros celebra en Mandiá o Día das Letras Galegas cunha homenaxe a Begoña Caamaño

Ferrol, 17 de maio de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu hoxe ao acto conmemorativo organizado pola Agrupación de asociacións de veciños do Rural de Ferrol polo Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea á escritora e xornalista Begoña Caamaño. Nesta ocasión, o escenario do evento foi a A.VV. Santa Uxía de Mandiá

O acto contou coa lectura de fragmentos da obra de Caamaño e coas actuacións musicais do grupo As Pías e da banda de gaitas Agarimo de Catabois. Aneiros describiu a cita como “unha perfecta ocasión para coñecer a obra de Begoña Caamaño mentres desfrutamos da nosa música tradicional”.

Imaxes relacionadas

Departamento: C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Tema: Lingua