XI Proxecto Didáctico Antonio Fraguas
O prazo de presentación de proxectos remata o 31 de maio de 2018
A Fundación Antonio Fraguas Fraguas, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca a décimo primeira edición do proxecto didáctico encamiñado á realización dun programa de pescuda sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico do contorno inmediato entre os centros escolares de Galicia. Como novidade desta convocatoria, valoraranse especialmente aquelas accións que fomenten a educación en igualdade do alumnado.
O prazo de presentación de proxectos remata o 31 de maio de 2018