Destacamos
Begoña Caamaño
No barrio vigués do Calvario nace no ano 1964 Begoña Caamaño Rascado, unha nena curiosa, rebelde e vivaz que medra nun ambiente de xogos e lecturas, de lama e asfalto, de campos e hortas nos que desenvolve as primeiras experiencias de vida que a van marcar na maneira de ver o mundo e de entendelo.
21 días co galego e + 2026
O próximo día 26 de febreiro terá lugar o IV Encontro 21 Días co galego e +, xuntanza que lle pon o ramo ao programa 21 días co galego e + da Secretaría Xeral da Lingua. Trátase dunha xuntanza lúdica e didáctica, que terá lugar no Auditorio Municipal Manuel María do Carballiño, no que se reunirán máis de 400 participantes, entre alumnado e docentes de educación infantil e primaria, para intercambiar diversas experiencias, música, bailes, xogos e outras actividades lúdicas.
Nadal en Rede 2025
Nadal en Rede chama un ano máis ás portas do mes de decembro para encher as festas de actividade e celebración en galego. Velaquí as propostas deste ano, que inclúen teatro e moita música para todas as idades.
Toponimízate 2025
A campaña 2025 de Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra chegará a 12 novos concellos. A acción, que xa vai pola súa oitava edición, enmárcase nos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad, impulsados ambos os dous desde a Xunta de Galicia, e coordinarase desde a Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua.
As cantareiras e a poesía popular oral
A Real Academia Galega (RAG) acordou dedicarlles o Día das Letras Galegas 2025 a sete cantareiras e, a través delas, á poesía popular galega que elas interpretaban. Deste xeito, a Academia recoñece o papel das mulleres na creación e na transmisión literaria, así como o valor da lírica oral, esa que é anónima, que pertence á comunidade e que se aprende escoitando, cantando, traballando, divertíndose... en fin, vivindo nela. Velaquí os nomes e as historias das sete mulleres homenaxeadas pola RAG e por toda a sociedade galega este 2025:
21 días co galego e + 2025
Bota a andar a sétima edición de 21 días co galego e +, un programa impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da Secretaría Xeral da Lingua. A súa finalidade é promover o uso do galego oral entre a xente nova. Nesta edición desenvolverase desde o 31 de xaneiro ata o 21 de febreiro de 2025.