Un ano máis, Os Bolechas volven levar a ilusión de Nadal aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística cun espectáculo para os máis pequenos da casa (nenos e nenas entre 3 e 9 anos) e as súas familias.
Lingua rodada é unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo coa finalidade de potenciar o uso e a valoración positiva do galego entre as xeracións máis novas, en consonancia co Plan de dinamización da lingua galega na mocidade.
Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol en 1910 e faleceu en 1990 en Santiago de Compostela. Sobresaíu como historiador da literatura, crítico literario, filólogo e escritor, e dedicou a súa vida a dignificar o idioma e a cultura galegas.
Bota a andar a segunda edición de 21 días co galego e +, un programa impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. A súa finalidade é promover o uso do galego oral entre a xente nova.
ReTransmite é un programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística nado ao abeiro do Plan de dinamización da lingua galega na mocidade e destinado ao alumnado de educación secundaria e bacharelato dos centros de ensino público de Galicia.
A Rede de Dinamización Lingüística ponlle o ramo ao ano 2019 e celebra a chegada da segunda década do século XXI cun programa de actividades destinado a celebrarmos as festas en galego.
Ponse en marcha un ano máis o programa de promoción da lingua galega Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra. A acción enmárcase nos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad, impulsados ambos os dous desde a Xunta de Galicia, e coordinarase desde a Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.