LETRAS GALEGAS

2020 - Ricardo Carvalho Calero

Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol en 1910 e faleceu en 1990 en Santiago de Compostela. Sobresaíu como historiador da literatura, crítico literario, filólogo e escritor, e dedicou a súa vida a dignificar o idioma e a cultura galegas.

Tras os primeiros estudos na súa cidade natal, en 1926 chegou a Santiago para estudar Dereito. Alí entrou en contacto co galeguismo articulado arredor do Seminario de Estudos Galegos, no que ingresaría en 1927. Nesta etapa, redactou un manifesto sobre a galeguización da universidade, participou na fundación do Partido Galeguista en 1931 e na redacción do Estatuto de Autonomía para Galicia (1931-1932). Tamén escribiu artigos en A Nosa Terra e na revista Nós e publicou as súas primeiras obras, como Vieiros (1931) e O silenzo axionllado (1934).

En 1931 volveu a Ferrol para traballar como administrativo municipal e desde alí cursou por libre a carreira de Filosofía e Letras. O golpe militar sorprendeuno en Madrid cando opositaba á cátedra de Lingua e Literatura españolas de ensino medio e incorporouse á loita como miliciano. Ao acabar a guerra, foi condenado a doce anos de cárcere. En 1941, regresou a Ferrol, en liberdade condicional mais imposibilitado para acceder a cargos públicos. Sobreviviu dando clases no ensino privado, nun silencio obrigado (as pezas teatrais A Arbre, Farsa das Zocas e A sombra de Orfeo, escritas en 1948, non verían a luz ata moito despois). As lembranzas deses anos quedaron inmortalizadas na súa novela Scórpio (1987), Premio Nacional de Literatura.

En 1950 trasladouse a Lugo para dirixir o Colexio Fingoi e retomou a súa produción poética, coas obras Anxo de terra (1950) e Poemas pendurados de un cabelo (1952). En 1951, publicou A xente da Barreira, a primeira novela galega da posguerra.

Nesta década, comprometeuse coa Editorial Galaxia na revitalización da cultura galega, colaborou en Grial, na prensa especializada e no xornal La Noche e consagrouse como o principal estudoso das letras galegas con Sete poetas galegos (1955) e Aportaciones a la literatura gallega contemporánea (1955), froito da súa tese de doutoramento. En 1958, ingresou na Real Academia Galega cun estudo sobre as fontes literarias de Rosalía. O froito máis valioso neste campo foi a súa Historia da literatura galega contemporánea (1963, completada en 1975).

En 1965 incorporouse como agregado ao Instituto Rosalía de Castro de Santiago e empezou a impartir clases de galego na Universidade compostelá (á que se dedicaría de forma exclusiva desde 1972). Foi o primeiro docente universitario de Lingüística e Literatura Galegas e, a partir do 72, o primeiro catedrático.

As publicacións relacionadas coa lingua galega e a súa codificación tamén centraron a súa atención. A súa Gramática elemental del gallego común (1966) tivo sete edicións ata 1979 e foi un manual imprescindible para os primeiros estudantes universitarios de Filoloxía Galega. Así mesmo, participou na elaboración, por encargo da RAG, das súas primeiras normas ortográficas (1970) e morfolóxicas (1971). De 1975 en diante, comezou a defender os postulados reintegracionistas, en especial tras o fracaso da proposta normativa da Comisión de Lingüística, presidida por el, en 1979. De feito, a derradeira década da súa vida estivo caracterizada pola atención prioritaria aos problemas da lingua e ao desenvolvemento da proposta reintegracionista.

Documentos relacionados

  • Programación institucional Letras Galegas 2020 PDF

Exposicións

Actividades dinamizadoras nos centros

Imaxe A Compostela de Scórpio. A Compostela de Ricardo Carvalho Calero

CPR Divino Maestro - Escolas Católicas, Santiago de Compostela (A Coruña)

A Compostela de Scórpio. A Compostela de Ricardo Carvalho Calero

Imaxe Carvalheando

CEIP Carballal, Marín (Pontevedra) e CEIP Riomaior, Vilaboa (Pontevedra)

Carvalheando

Imaxe <em>Animotica As pitas baixo a chuvia</em>

CEE Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Animotica As pitas baixo a chuvia

Imaxe UD Carvalho Calero en pictogramas

CEE A Barcia, Santiago de Compostela (A Coruña)

UD Carvalho Calero en pictogramas

Imaxe Alfabeto e liña do tempo de Carvalho Calero

IES San Paio, Tui (Pontevedra)

Alfabeto e liña do tempo de Carvalho Calero

Imaxe Libro interactivo Ricardo Carvalho Calero

CEIP de Figueiroa, A Estrada (Pontevedra)

Libro interactivo Ricardo Carvalho Calero

Imaxe Lendo a Calero en rede (vídeo coral)

Escolas Católicas de Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol (A Coruña), Lugo (Lugo), Ourense (Ourense) e Vigo (Pontevedra)

Lendo a Calero en rede (vídeo coral)

Imaxe Banda deseñada de Ricardo Carvalho Calero

CPR Seminario Menor Diocesano San Pelayo, Tui (Pontevedra)

Banda deseñada de Ricardo Carvalho Calero

Imaxe Xogos de fuga para infantil e primaria

CEIP Arquitecto Casas Novoa, Santiago de Compostela (A Coruña)

Xogos de fuga para infantil e primaria

Imaxe Vídeo Letras Galegas 2020

CPR Milagrosa, Lugo (Lugo)

Vídeo Letras Galegas 2020

Imaxe Cholo e Nela: Ai! Oh! Galego! Camiño da fala

Centros de ensino das comarcas ourensás de Valdeorras, Terra de Trives, Viana, Caldelas e Ourense (Ourense)​

Cholo e Nela: Ai! Oh! Galego! Camiño da fala

Imaxe Vida e obra de Carvalho Calero (vídeo)

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)

Vida e obra de Carvalho Calero (vídeo)

Imaxe Adaptación de <em>As pitas baixo a choiva</em>

CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño, Rubiá (Ourense)

Adaptación de As pitas baixo a choiva

Imaxe Xogo de dardos

CEIP Plurilingüe A Cristina, Carballo (A Coruña)

Xogo de dardos

Imaxe O galego é unha lingua universal

IES Maximino Romero de Lema, Baio-Zas (A Coruña)

O galego é unha lingua universal

Imaxe Carvalho Calero en lingua de signos e pictogramas

CEE Nosa Señora do Rosario, A Coruña (A Coruña)

Carvalho Calero en lingua de signos e pictogramas

Imaxe Xogos das Letras Galegas 2020

CEIP Raquel Camacho, A Coruña (A Coruña)

Xogos das Letras Galegas 2020

Imaxe Tira da ruleta!

CEIP Juan Fernández Latorre, A Coruña (A Coruña)

Tira da ruleta!

Imaxe Trivial das Letras Galegas

CEIP de Galán, Oseiro - Arteixo (A Coruña)

Trivial das Letras Galegas

Imaxe <em>As pitas baixo a choiva</em> (conto en vídeo)​

CEIP Raquel Camacho, A Coruña (A Coruña)

As pitas baixo a choiva (conto en vídeo)​

Imaxe Letras Galegas 2020- Crebacabezas de preguntas

CEIP Plurilingüe Graxal, Cambre (A Coruña)

Letras Galegas 2020- Crebacabezas de preguntas

Imaxe Partida de birlos

CEIP Juan Fernández Latorre, A Coruña (A Coruña)

Partida de birlos

Imaxe Retos sobre Ricardo Carvalho Calero

CRA María Zambrano, O Rosal (Pontevedra)

Retos sobre Ricardo Carvalho Calero

Imaxe 20 en galego

IES de Carral, Carral (A Coruña)

20 en galego

Imaxe Versos de Carvalho gravados ao linóleo

CPI Plurilingüe José García García, Ourense (Ourense)

Versos de Carvalho gravados ao linóleo

Imaxe Bingo Letras Galegas 2020

CEIP Fonte escura, Vigo (Pontevedra)

Bingo Letras Galegas 2020

Imaxe Sopa de letras / Encrucillado / <em>Cubeecraft</em>

IES Rego da Trabe, Culleredo (A Coruña)

Sopa de letras / Encrucillado / Cubeecraft

Imaxe Amendoíña en pictogramas

CEIP Plurilingüe O Mosteirón, Sada e CEIP Plurilingüe Anxo da Garda, A Coruña (A Coruña)

Amendoíña en pictogramas

Imaxe Ilustrando a Carvalho Calero

IES Rego da Trabe, Culleredo (A Coruña)

Ilustrando a Carvalho Calero

Imaxe Reto #unpoemadecarvalho

IES Ferrol Vello, Ferrol e CEIP Xesús San Luís Romero, Carballo (A Coruña)

Reto #unpoemadecarvalho

Imaxe As pitas baixo a choiva (conto, música, UD)

Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra (A Coruña)

As pitas baixo a choiva (conto, música, UD)

Imaxe Quebracabezas interactivo de Ricardo Carvalho Calero (retrato orixinal)

CEE A Barcia, Santiago de Compostela (A Coruña)

Quebracabezas interactivo de Ricardo Carvalho Calero (retrato orixinal)

Imaxe Libro <em>lim</em> do Seminario Galán

Seminario Galán, A Coruña

Libro lim do Seminario Galán

Imaxe <em>Scape room</em> dixital Letras Galegas 2020

CEIP Sanjurjo de Carricarte, A Coruña (A Coruña)

Scape room dixital Letras Galegas 2020

Imaxe Autodefinido de Ricardo Carvalho Calero

CPR Fogar de Santa Margarida, A Coruña (A Coruña)

Autodefinido de Ricardo Carvalho Calero

Imaxe Poemas de Carvalho Calero

CEIP Calvo Sotelo, O Carballiño e CPI Virxe da Saleta, San Cristovo de Cea (Ourense)

Poemas de Carvalho Calero

Imaxe Letras Galegas 2020

CPR Plurilingüe Divina Pastora, Ourense (Ourense)

Letras Galegas 2020

Imaxe Ferrol 1916

CEIP de Esteiro, Ferrol (A Coruña)

Ferrol 1916

Imaxe Ruleta de preguntas sobre Ricardo Carvalho Calero

CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma, A Coruña (A Coruña)

Ruleta de preguntas sobre Ricardo Carvalho Calero

Imaxe Homenaxe en vídeo a Ricardo Carvalho Calero

CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo, O Carballiño (Ourense)

Homenaxe en vídeo a Ricardo Carvalho Calero

Imaxe Biografía de Ricardo Carvalho Calero

CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma, A Coruña (A Coruña)

Biografía de Ricardo Carvalho Calero

Imaxe X Concurso Europeo de Marcapáxinas Ricardo Carvalho Calero

IES San Clemente, Santiago de Compostela (A Coruña)

X Concurso Europeo de Marcapáxinas Ricardo Carvalho Calero

Imaxe Preguntoiro musical de Ricardo Carballo Calero

CEIP Frei Luís de Granada, Sarria (Lugo)

Preguntoiro musical de Ricardo Carballo Calero

Imaxe <em>Telexornal Carvalho Calero</em>

CPI dos Dices, Rois (A Coruña)

Telexornal Carvalho Calero

Imaxe Ricardo Carvalho Calero en familia

CEIP Ponte de Xubia, Narón (A Coruña)

Ricardo Carvalho Calero en familia

Imaxe Tres poemas de Carvalho Calero

IES Concepción Arenal, Ferrol (A Coruña)

Tres poemas de Carvalho Calero

Imaxe Don RiDardo, o xogo

CPR Plurilingúe San Pío X (Ourense)

Don RiDardo, o xogo

Imaxe Vídeo homenaxe a Ricardo Carvalho Calero

CPR Plurilingüe San Pío X (Ourense)

Vídeo homenaxe a Ricardo Carvalho Calero

Imaxe Calendario 2019-2020

CIFP Portovello, Ourense

Calendario 2019-2020

Imaxe Biografía de Ricardo Carvalho Calero

Seminario Galán, A Coruña

Biografía de Ricardo Carvalho Calero

Imaxe Unidade didáctica Ricardo Carvalho Calero

Escolas Católicas (Ferega-Ceca)

Unidade didáctica Ricardo Carvalho Calero