Volver

Saca a lingua a pasear

Centro: CPR Fillas de María Inmaculada, Vigo (Pontevedra)
Curso: 2022-2023

Orixinais bolsas de tea con fraseoloxía popular elaboradas conxuntamente polo alumnado de FP básica de Arranxos e Reparación de Téxtiles e Pel, que se encargou do deseño e confección, e o de Mediación Comunicativa, que ademais de escoller os textos creou vídeos, con subtítulos e lingua de signos, nos que explica o seu significado.

No PDF atoparedes códigos QR que permiten acceder aos vídeos nos que a rapazada escenifica cada frase feita. O proxecto recibiu o pasado mes de novembro un dos premios Irmán Reboiras ás mellores iniciativas de fomento do galego, que convoca Escolas Católicas de Galicia, coa colaboración da SXPL.