Volver

OS AXÓUXERES 2009

Canción e xogo do sol

  • Canción e xogo do sol

    Canción e xogo do sol

CANCIÓN

3, 2, 1 comezamos esta conta atrás
3, 2, 1 imos nunha nave espacial

Á procura doutras aventuras polo
espazo sideral
Soles en órbita coñecerás
Comezamos a conta atrás!

3, 2, 1 comezamos esta conta atrás
3, 2, 1 imos nunha nave espacial

Un novo amigo por ti está a esperar,
Será marciano ou non o será?
Se atopas un, non o deixes marchar!
Comezamos a conta atrás!

3, 2, 1 comezamos esta conta atrás
3, 2, 1 imos nunha nave espacial
Xa verás que divertido
Atopares un amigo!
Pope, no sol está.

XOGO

Xogo de burlas, disparates e mentiras

  • P.– Como te chamas?
  • R.– Comecastañas
  • P.– e de apelido?
  • R.– Caldo Cocido