Volver

A bruxa do pelo roxo

  • A bruxa do pelo roxo

    A bruxa do pelo roxo

Ao carón da miña casa vive unha bruxa tola
que ten un gatiño negro ao que lle gusta a cebola…

Vaia veciña máis chuli!
Vaia gato máis lambón!
Rouba galletas dun prato
para mollalas nun bidón.

Trisquilis trisquilis trisquis
trisquilis trisquilis tras

A bruxa do pelo roxo vive na casa de atrás.

Fai caldiños con sementes e pasteis de lambetadas,
esta bruxa tan xeitosa ten a xente alporizada…

Vaia veciña máis chuli!
Vaia gato máis lambón!
Rouba galletas dun prato
para mollalas nun bidón.

Trisquilis trisquilis trisquis
trisquilis trisquilis tras

A bruxa do pelo roxo vive na casa de atrás.

Quen me dera a mi saber tantas cousas coma ela,
se tivese os seus poderes viviría nunha estrela…

Vaia veciña máis chuli
Vaia gato máis lambón
Rouba galletas dun prato
para mollalas nun bidón

Trisquilis trisquilis trisquis
trisquilis trisquilis tras

A bruxa do pelo roxo vive na casa de atrás.

Trisquilis trisquilis trisquis
trisquilis trisquilis tras

A bruxa do pelo roxo vive na casa de atrás.

Trisquilis trisquilis trisquis
trisquilis trisquilis tras

A bruxa do pelo roxo vive na casa de atrás.