O gato viriato
O gato Viriato era aventureiro
todos os ratiños íanlle ao sombreiro.
Nos muros saltaba e dentro das cociñas.
Adeus aos bocatas das gatas veciñas…
Viriato... tes alma de rato.
Era un parrandeiro este don Viriato,
sempre ía buscando un novo burato.
Ata que unha tarde que ía de parranda
esqueceu axiña toda a súa panda .
MIRA O VIRIATO, POBRE DO GATO
MIRA O VIRIATO, QUE MÁGOA DÁ!
Ante os seus olliños de gato larpeiro
fica conxelado o sorriso enteiro.
Fitou as fazulas da rata Viriata,
que facía bicos con sabor a nata.
Viriato... tes alma de rato
Dende aquela tarde ao pobre do Viriato
xa non lle interesa ningún outro rato,
languidece triste porque a pena o mata,
vive namorado da rata Viriata.
MIRA O VIRIATO, POBRE DO GATO
MIRA O VIRIATO, QUE MÁGOA DÁ!
MIRA O VIRIATO, POBRE DO GATO
MIRA O VIRIATO, QUE MÁGOA DÁ!
MIRA O VIRIATO, POBRE DO GATO
MIRA O VIRIATO, QUE MÁGOA DÁ!
MIRA O VIRIATO, POBRE DO GATO
MIRA O VIRIATO, QUE MÁGOA DÁ!
Viriato... tes alma de rato