Volver

Na casa da avoa

  • Na casa da avoa

    Na casa da avoa

Como cada día vou á casa da avoa, ela vive soa.
Xogamos, cociñamos e lemos contiños e ás veces veñen os veciños.

Que sorte tan grande ter así unha avoa!
Isto si que mola!

Tardes e tardes de diversión coa avoa ao meu carón.
Risas e risas de corazón xogando no salón.

Hai diversión, (diversión, diversión) no corazón.
No seu salón (no salón, no salón) ao seu carón.

Faime as galletas máis ricas do mundo e todo nun segundo.
E cando lle pido que toque unha canción, saca o seu acordeón.