Volver

Hora de durmir

  • Hora de durmir

    Hora de durmir

Marchou o sol,
hai que se deitar,
hora de durmir,
imos descansar.

E… poñede os pixamas
tras lavar os dentes,
bicos e apertas
a todos os presentes!

IMOS DURMIR
PARA DESCANSAR
E MAÑÁ XOGAR,
AO NOS LEVANTAR,
TODO É DESFRUTAR…
IMOS DESCANSAR

Marchou o sol,
hai que se deitar,
hora de durmir,
imos descansar.

E… pechade os ollos
que veñen as ovellas,
saltando os valados,
xuntas, por parellas.

IMOS DURMIR
PARA DESCANSAR
E MAÑÁ XOGAR,
AO NOS LEVANTAR,
TODO É DESFRUTAR…
IMOS DESCANSAR

Marchou o sol,
hai que se deitar,
hora de durmir,
imos descansar.

E…mentres durmo
bailan os planetas
e as pequenas estrelas
pasean nos cometas.

IMOS DURMIR
PARA DESCANSAR
E MAÑÁ XOGAR,
AO NOS LEVANTAR,
TODO É DESFRUTAR…

IMOS DESCANSAR… IMOS DESCANSAR… IMOS DESCANSAR…