Volver

Canción e xogo do mar

  • Canción e xogo do globo

    Canción e xogo do globo

O MAR

Para coñecer o mundo  
sube no meu barco.
Para ver os piratas
sube no meu barco.

Alzade as velas de cor
e poderemos navegar!

Se queres ver baleas
sube no meu barco.
Se queres ver sereas
sube no meu barco.

Retrouso:
Alzade as velas de cor
e poderemos navegar!
Con nubes de treboada
agarra ben o temón
que xa Pope está á espera
do gran barco de Totó.
Para vermos os peixiños
imos a estribor.
Para vermos mil tesouros
imos a babor.
Se veñen grandes ondas
imos a estribor.
Se sopran os tifóns
imos a babor.
(retrouso)
Xa verás, divertiraste
No meu barco

XOGO

O vexo vexo. Xogo para adiviñar cousas, persoas.
—Vexo, vexo?
—Ti que ves?
[pista: dicir a cor do que esteamos a ver]
—Vexo unha cousa… que é de cor… …que empeza pola letra… …que serve para…