Canción e xogo do globo
CANCIÓN
Pope está no ar,
tamén nós queremos chegar,
saírmos desta auga clara
e as nubes atravesar.
Voa, voa,
como unha bolboreta máis!
Voamos nun globo.
Devecemos por aterrar
para aloumiñar o noso amigo.
Vaia sorpresa ha de levar!
Voa, voa,
como unha bolboreta máis!
Sube, sube,
sube polas nubes
que semellan monecos de algodón!
Voando polo ceo,
unha bolboreta máis.
XOGO
Canción para xogar cos dedos. Cantando chamamos dedo a dedo e por último a man enteira.
Pequeniño, pequeniño
Onde estás?
Aquí estou
Gusto en saudarte, gusto
en saudarte
Xa me vou, xa me vou
Medianiño, medianiño
Onde estás?
Aquí estou
Gusto en saudarte, gusto
en saudarte
Xa me vou, xa me vou
Pai de todos, pai de todos
Onde estás?
Aquí estou
Gusto en saudarte, gusto
en saudarte
Xa me vou, xa me vou
Furabolos, furabolos
Onde estás?
Aquí estou
Gusto en saudarte, gusto
en saudarte
Xa me vou, xa me vou
Matapiollos, matapiollos
Onde estás?
Aquí estou
Gusto en saudarte, gusto
en saudarte
Xa me vou, xa me vou
A familia, a familia
Onde estás?
Aquí estou
Gusto en saudarte, gusto
en saudarte
Xa me vou, xa me vou