Dereitos e deberes

Filtrar por...

Temos dispoñibles para consulta 20 preguntas frecuentes
mais
Que é o CELGA?
Celga é o acrónimo de Certificado de lingua galega e, por extensión, refírese ao sistema de certificación oficial do galego dependente da Secretaría Xeral da Lingua, o organismo da Xunta de Galicia que ten encomendada a dirección e xestión deste sistema.
mais
Cantos niveis Celga hai?
O sistema estrutúrase nos seguintes niveis, que se corresponden, respectivamente, cos niveis A2, B1, B2, C1 e C2 do Marco europeo común de referencia para as linguas do Consello de Europa: Celga 1, Celga 2, Celga 3, Celga 4 e Celga 5. 
mais
Como podemos obter un título Celga?

O sistema Celga ofrece probas para os niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (agás para o Celga 5, que só se pode obter por validación de estudos).  Cada ano, a Secretaría Xeral da Lingua publica no Diario Oficial de Galicia dúas convocatorias destas probas.

Os títulos Celga tamén se poden obter por validación de estudos.

mais
Como preparamos as probas? 
Para a preparación das probas, a Secretaría Xeral da Lingua ofrece cursos que se adaptan ás circunstancias e necesidades das persoas candidatas. Poden ser presenciais ou a través da Plataforma de Teleformación, na que se imparten cursos en liña titorizados, de autoaprendizaxe e de Celga 2 en Lectura fácil.
mais
Que é a Plataforma de Teleformación? Como podemos acceder á Plataforma de Teleformación para realizar os cursos?

A Plataforma de Teleformación da Secretaría Xeral da Lingua é un espazo virtual pensado para a formación en materia de lingua galega.

Para acceder a ela, se é a primeira vez, temos que rexistrarnos creando un usuario e un contrasinal. Para as seguintes veces, debemos poñer o usuario e o contrasinal que creamos.

mais
Que modalidades de cursos Celga existen? Cal é a diferenza entre eles?

Existen dúas modalidades: os cursos presenciais e os cursos en liña.

Os cursos en liña poden ser titorizados ou de autoaprendizaxe; a diferenza está en que os titorizados contan cunha persoa docente e os de autoaprendizaxe non.

mais
Cantos niveis hai en cada modalidade?

Na modalidade presencial impártense Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Na modalidade en liña titorizados impártense Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Na modalidade en liña autoaprendizaxe están dispoñibles o Celga 1, Celga 2, Celga 2 en Lectura fácil, Celga 3 e Celga 4.

mais
Como accedemos aos cursos titorizados? Pode solicitalos calquera persoa?

Cando se abre o prazo de inscrición, temos que cubrir a solicitude na Plataforma de Teleformación da Secretaría Xeral da Lingua. Pode solicitalos calquera persoa maior de 16 anos.

Se un curso ten máis solicitantes ca prazas dispoñibles, a asignación farase a través dun sorteo aleatorio puro.

mais
Hai probas de nivel para acceder aos cursos Celga? Cando están dispoñibles?

Ao solicitar un curso, o sistema pídenos que realicemos unha proba de nivel para comprobar que é o adecuado para os nosos coñecementos previos de lingua galega.

Se o resultado da proba de nivel é apto, teremos preferencia na asignación das prazas do curso solicitado.

As probas de nivel están dispoñibles mentres estea aberto o prazo de presentación de solicitudes de inscrición.

mais
Se nos seleccionan nun curso, cando podemos comezar a facer as actividades?

Deberemos seguir as instrucións da persoa titora, xa que é quen nos vai indicar cales facer e os prazos de entrega.