Volver

CURSO MEDIO DE LINGUAXE XURÍDICA

Limiar

O persoal da Administración galega ten demostrado nos últimos anos a súa vontade decidida de mellorar continuamente o servizo que lle ofrece á cidadanía. Da súa man, a Administración cumpre a súa obriga de promoción do galego, garante os dereitos lingüísticos de todas as persoas e faise máis igualitaria, próxima e eficaz na súa comunicación con elas.

O obxectivo dos cursos en liña, promovidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é favorecer este proceso e facilitarlle ao funcionariado a formación necesaria para levalo adiante. As tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas á aprendizaxe e ao coñecemento axúdannos a facelo máis doadamente, cun curso práctico e completo, visualmente atractivo e fácil de manexar que, ademais, permite superar as limitacións de espazo e de tempo que ofrece a formación tradicional.

Doulle a benvida a este curso, convencido de que a súa realización redundará nunha mellor atención á cidadanía e na comunicación eficaz e accesible con ela que debe caracterizar as sociedades democráticas.

Valentín García Gómez
Secretario xeral de Política Lingüística