Volver

XIII Premio Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, o da Universidade de Santiago de Compostela e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo convocan, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, este premio dirixido á comunidade universitaria que recoñecerá con 1200 € a mellor campaña normalizadora e con 800 € a mellor idea para a promoción do galego.

Na súa reunión do 10 de novembro de 2016 o tribunal de selección decidiu por unanimidade:

  • Deixar deserto o premio na modalidade "Deseño dunha campaña normalizadora"
  • Conceder o "Premio a una idea para a promoción do galego" ao traballo presentado baixo o lema "Que o verso baixe á rúa", da autoría de Patricia Carballal Miñán, Estefanía Castro, María Montserrat Muriano Rodríguez, Iria Sobrino e Roberto Suárez Brandariz.


  • Texto íntegro da resolución

    Data de publicación: 11 de novembro