Volver

Convocatoria dos premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos!

Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se aproban as bases e se convocan os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2023/2024.

Listaxe de centros públicos admitidos no certame Nós tamén creamos! para o curso académico 2023/2024

Ademais dos centros de titularidade pública admitidos no programa Nós tamén creamos! no marco do Plan Proxecta 2023-2024, que quedan inscritos de oficio no certame, participan neste os seguintes centros públicos que presentaron a solicitude no prazo correspondente:

EEI do Vao (Poio)

CEIP Plurilingüe de Frións (Ribeira)

CEIP Fermín Bouza Brey (Ponteareas)

CEIP de Sárdoma-Moledo (Vigo)

CEIP Ramón Otero Pedrayo (A Laracha)

CEIP Princesa de España (Verín)

CEIP da Igrexa-Candeán (Vigo)

Curtas baseadas en libros

Nesta edición, as curtas deben basearse nalgún dos seguintes libros en galego de OQO editora, que se lles envían aos centros educativos participantes no certame e no programa:

Caracol e Caracola. Autor: Armando Quintero. Ilustrador: André Letria

Chocolata. Autora: Marisa Núñez. Ilustradora: Helga Bansch

Fiz, o coleccionista de medos. Autora: Fina Casalderrey. Ilustradora: Teresa Lima

O que ten que aprender un cempés que queira ser sabio como Perico. Autora: Mercedes Carrión. Ilustradora: Francesca Chessa

Quen levou a Lúa? Autor: Mario Catelli. Ilustradora: Madalena Matoso

O galo que puxo un ovo. Autor: Indy García. Ilustradora: Laura Tova

Jack e a Morte. Autor: Tim Bowley. Ilustradora: Natalie Pudalov

A sesta dos enormes. Autor: Pep Bruno. Ilustradora: Natalie Pudalov

A colleita de ratiño. Autora: Leticia R. Gancedo. Ilustradora: Mar Ferrero

Corazón de oso. Autor: Armando Quintero. Ilustradora: Laura Von Husen

Oso e mais eu. Autora: Esther Peces. Ilustradora: Esther Peces.

Convocatoria

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convocan os premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2023/2024.

Premios:

Establécense catro categorías, con cadanseu premio:

  • Categoría 1: destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de educación infantil
  • Categoría 2: destinada a curtas realizadas con alumnado de primeiro e segundo de educación primaria
  • Categoría 3: destinada a curtas realizadas con alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria
  • Categoría 4: destinada a curtas realizadas con alumnado de quinto e sexto de educación primaria

Ademais, poderá concederse, a xuízo da Comisión de Selección, un accésit para cada categoría.

O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa para cada unha das categorías, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante. De ser o caso, o profesorado que participe nas curtas recoñecidas cun accésit recibirá unha certificación de Accésit.

Os colexios recibirán, ademais dun lote de libros, un contrasinal de acceso á Plataforma OQO de contidos dixitais en galego, para poderen acceder aos álbums ilustrados sen necesidade de manipulalos, durante o curso 2023-2024.

Os centros públicos admitidos no programa Nós tamén creamos! no marco do Plan Proxecta+ quedarán inscritos de oficio no certame. Para os demais centros de titularidade pública, o prazo de presentación das solicitudes a través da sede electrónica da Xunta de Galicia rematará o día 1 de febreiro de 2024. A data límite de envío das curtametraxes será o 30 de maio de 2024.