Facebook: A plataforma social fundada por Mark Zuckerberg ofrece a súa interface de usuario en galego grazas á tradución colaborativa de numerosos voluntarios.
Twitter: A rede de microblogging Twitter incorpora o galego como lingua grazas á tradución colaborativa dos seus usuarios, que estableceron expresións propias para a xerga desta plataforma, como chamar chíos ás entradas e rechouchíos ás súas redifusións.
Cabozo: Plataforma social creada por galegos en galego, que funciona dende 2008, pero que actualmente ten restrinxida a súa entrada a usuarios con convite.
Latri.ca: Na liña de Twitter, Latri.ca busca ser unha canle de comunicación áxil, de mensaxes curtas (cun máximo de 200 caracteres) e orientada principalmente ao seu uso dende dispositivos móbiles.