Volver

Sistemas para facer blogs

  • Sistemas para facer blogs

    Sistemas para facer blogs

  • Blogaliza: A Asociación Cultural Blogaliza ofrece a posibilidade de ter un blog na web baixo os dominios blogaliza.org e blogaliza.gal.

  • Blogoteca: A Blogoteca presume de ser o primeiro sistema de blogs feito en Galicia, en galego e para galegos de todo o mundo. É unha creación de Abertal e ofrécese de balde ao público.

  • WordPress: O popular servizo de blogging WordPress conta coa súa interface adaptada ao galego, tanto na súa versión comercial (wordpress.com) como na súa versión de código aberto (wordpress.org). Actualmente é o xestor de contidos (CMS) máis empregado da Internet.

  • Blogger: A plataforma de publicación de blogs de Google baixo o sufixo .blogspot.com (e as súas variantes) ou dende dominios personalizados, Blogger, ofrece a súa interface traducida ao galego, para que a lingua non sexa unha barreira á hora de publicar contidos na web.
  •