Volver

O ximnasio dos verbos

O Centro de Estudos Galegos de Heidelberg creou unha aplicación para practicar e aprender os verbos (semi)irregulares do galego.

  • O ximnasio dos verbos

    O ximnasio dos verbos

Gabriel Pérez Durán e Óscar Rivas González son os responsables do deseño e da programación desta aplicación para Android, que ofrecen baixo licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional e que convidan a replicar e mellorar.

O ximnasio dos verbos permite “poñer en forma os verbos con alternancia vocálica e os irregulares”. Funciona sen necesidade de conexión, agás as definicións dos verbos e certas ligazóns. Isto require ligar cunha rede wifi ou de datos celulares.

A aplicación naceu como un proxecto docente dentro das aulas de lingua e cultura galegas no Romanisches Seminar da Universität Heidelberg. Ao abeiro desta institución, o Galicien Zentrum (adscrito ao Iberoamerika-Zentrum) leva máis de 30 anos desenvolvendo as súas actividades sobre Estudos Galegos nas áreas de Filoloxía Románica e de Tradutoloxía.