Recursos para aprender o galego
Celga 1. Aula de Galego. Manual do alumnado
Aula de Galego 1 é un manual para o ensino e aprendizaxe do galego baseado no enfoque comunicativo e por tarefas, adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas no nivel A2. É o material empregado para os cursos preparatorios de Celga 1 e pódese atopar en librarías.
Celga 2. Aula de Galego. Manual do alumnado
Aula de Galego 2 é un manual para o ensino e aprendizaxe do galego baseado no enfoque comunicativo e por tarefas, adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas no nivel B1. É o material empregado para os cursos preparatorios de Celga 2 e pódese atopar en librarías
Celga 3. Aula de Galego. Manual do alumnado
Aula de Galego 3 é un manual para o ensino e aprendizaxe do galego baseado no enfoque comunicativo e por tarefas, adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas no nivel B2. É o material empregado para os cursos preparatorios de Celga 3 e pódese atopar en librarías.
Celga 1. Aula de Galego. Libro do profesorado.
Aula de Galego é un método de galego que ten como obxectivo darlles resposta ás necesidades específicas dos alumnos que estudan galego dentro e fóra de Galicia. Para isto, adopta a pespectiva orientada á acción, proposta polo Marco común europeo de referencia, apoiándose nos seus descritores para a progresión do coñecemento.