Volver

Os Bolechas e a discapacidade

Materiais didácticos froito da colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidae (COGAMI)

  • Os Bolechas e a discapacidade

    Os Bolechas e a discapacidade

A través dunha unidade didáctica con versión para o profesorado e para o alumnado, os Bolechas achéganlles aos nenos e nenas de 3 a 8 anos o mundo da discapacidade. O obxectivo desta proposta é que os cativos e cativas aprendan a comprender a diversidade do xénero humano e a mosrar actitudes de respecto e de empatía. Contén sinxelas explicacións e actividades en tres niveis diferentes de dificultade que se completan con divertidos xogos en liña.