Volver

Tradutor automático

Gaio

 O tradutor Gaio é unha ferramenta de código libre, baseada nunha plataforma de código aberto, que permite a tradución de texto plano e tamén a tradución inmediata de páxinas web entre o galego e os idiomas castelán, catalán, inglés, francés e portugués.

  • Tradutor Gaio

    Tradutor Gaio

 

A versión actualizada do Gaio a novembro de 2017 renovou o seu deseño e mellorou e simplificou o funcionamento do tradutor, que agora permite introducir na mesma caixa tanto o texto como a url da web que se quere traducir. A nova versión do Gaio está adaptada a todos os dispositivos móbiles, permite reverter nun só clic o sentido da tradución e copiar, tamén nun só clic, o texto traducido. Outra das súas novidades é a tradución inmediata, que se vai xerando mentres o usuario introduce o texto orixinal.

A nova versión do Galio permite empregar nas traudcións de galego e castelán tres dicionarios personalizados diferentes: o xeral, o administrativo e o xurídico.

A versión pública, aberta a toda a cidadanía, benefíciase das melloras realizadas desta ferramenta que se creou para uso interno da Xunta de Galicia.