Volver

Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización

Manual xurdido da colaboración entre a Xunta -a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais da Dirección Xeral de Xustiza- e o Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, dirixido pola profesora e académica correspondente Ana Isabel Boullón.

 

  • Os apelidos en galego

    Os apelidos en galego

A obra ten unha orientación práctica, pois o seu obxectivo principal é ofrecer orientacións normativas que permitan restituír os apelidos galegos castelanizados a partir do século XVI e, sobre todo, durante o período franquista.

Os apelidos en galego conta cos seguintes contidos:

1. Limiar “Os nomes -e os apelidos- teñen dereitos”, do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero
2. Presentación “Os apelidos, patrimonio individual e patrimonio colectivo”, da profesora Ana Isabel Boullón
3. Criterios para a estandarización dos apelidos
4. Os 1500 apelidos máis frecuentes: listaxe normalizada
5. Correspondencia das variantes non estándar/formas recomendadas