Disco Desaparafusador de gominola. Escoita as cancións
Dispostos para cantar? Dispostas a xogar e recompoñer letras? Aquí as tedes. Para que lles deades unha volta, para adiante e para atrás. Podedes escoitalas, descargalas e animarvos a participar. Tamén están dispoñibles as fichas de actividade, para os monitores e monitoras dos campamentos que as queiran empregar. Bo verán 2011!
Autores.
- Letras: Celso Fernández.
- Músicas: Pedro Pascual e Pablo Pascual.
Intérpretes:
Pedro Pascual: guitarra acústica, eléctrica, española, buzuki, banjola, mandolina, acordeón diatónico, percusións e programacións l Pablo Pascual: clarinete en Sib e La, clarinete baixo, clarinete contrabaixo, frautas de pico e programacións l Pablo Castaño: saxo alto l Pablo Dalama: saxo soprano e saxo alto l Manuel Iglesias Sopas: bombo con pratos l Mario Diz: viola l José Manuel Díaz: contrabaixo e baixo eléctrico l Germán Díaz: zanfona, asubío de nariz, serra l Quim Farinha: violín e violín barítono l Benxamín Otero: óboe e corno inglés l Najla Shami: voz e coros l Guadi Galego: voz e coros l Ramón Bermejo: voz e coros l Juan Fuentes: voz e coros l Uxía, Nerea, Carme, Ariadna, Carolina, Xiana R., Xiana V., Lía, Martiño, Antón, Laura, Adrián, Julio, Andrea e Sara: coros
Ilustración e deseño do disco:
- Lucía Rolle. Autoedita