Volver

Carta europea para as linguas rexionais ou minoritarias. Actividades para a aula

Publicación elaborada para celebrar o vixésimo aniversario da Carta, celebrado en 2018 e destinado a mellorar o coñecemento que a cidadanía ten do único convenio internacional xuridicamente vinculante dedicado á promoción e protección das linguas rexionais e minoritarias

O documento consta de tres partes, seguidas dun glosario coa definición dos principais termos empregados e mais dunha bibliografía:

  • Parte A: presentación xeral da diversidade lingüística e describe a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias como instrumento xurídico.
  • Parte B: inclúe tres exemplos prototípicos de perfís de países que ratificaron a Carta —Polonia, España e a Confederación Suíza— e que teñen diferentes estruturas administrativas.
  • Parte C: contén dez actividades didácticas sobre cuestións relacionadas coas linguas minoritarias. Tendo en conta que os sistemas educativos dos países europeos son diferentes e están en continuo proceso de cambio, as actividades aquí presentadas deseñáronse co fin de facilitar a súa adaptación ao contexto específico de cada país.