Radioserie "A radio dos avós"
Centro: IES Antón Alonso Ríos, Tomiño (Pontevedra)
Curso: 2024-2025
Curso: 2024-2025
Para conmemorar o Día Mundial da Radio, o 13 de febreiro, achegámosvos esta espectacular radioserie documental de catro episodios na que o alumnado do IES Antón Alonso Ríos investiga sobre o significado que tivo este poderoso medio de comunicación na época dos seus avós. As entrevistas que lles fixeron testemuñan aspectos tan interesantes como por exemplo cando chegou este aparello ás aldeas, ao principio ao alcance de moi poucas persoas; que programas escoitaban ou que novas impactantes recibiron por esta canle. Ademais contrastan aquela situación coa actualidade para pór en valor os luxos tecnolóxicos dos que dispomos agora.