Mulleres galegas na ciencia
Centro: CEIP Plurilingüe A Cristina, Carballo (A Coruña)
Curso: 2025-2026
Curso: 2025-2026
Traballo realizado pola profesora Irene Yáñez Leiro, coordinadora do EDLG do CEIP Plurilingüe A Cristina de Carballo, sobre as científicas galegas máis destacadas da nosa historia recente. Ademais de figuras xa moi recoñecidas como a enfermeira Isabel Zendal ou a oceanógrafa Ánxeles Alvariño, tamén se centra noutras como a matemática Antonia Ferrín ou Ximena e Elisa Fernández de la Vega, as primeiras mulleres licenciadas en Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Parabéns pola iniciativa!