Rosalía no CEIP de Corvillón
Centro: CEIP de Corvillón, Cambados (Pontevedra)
Curso: 2025-2026
Curso: 2025-2026
Cando xa falta pouco para o Día de Rosalía, no colexio do Corvillón as alumnas e alumnos de 2º de primaria fálannos da súa biografía e recitan con xeito os seus poemas. Por outra banda, empregaron unha das novidosas ferramentas que teñen no colexio, o trazador, para estampar a imaxe da ilustre autora e tela sempre presente nuns alegres e útiles estoxos.