Volver

Día de Rosalía

Centro: CPI As Revoltas, Cabana de Bergantiños (A Coruña)
Curso: 2024-2025

Caricaturas, podcasts, recitado de poemas, regueifas e ata un relato adaptado do Conto gallego son algunhas das actividades organizadas polo EDLG do CPI As Revoltas para conmemorar o Día de Rosalía en moitos dos niveis educativos que se imparten neste centro de Cabana de Bergantiños, desde 6º de educación infantil ata 1º e 2º de ESO, pasando por 3º e 4º de EP.