Volver

Petiscos de Galicia

Centro: CEIP Plurilingüe A Fraga, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)
Curso: 2025-2026

Proxecto de pódcast de radio escolar deseñado e coordinado polo EDLG do CEIPP A Fraga das Pontes de García Rodríguez, no que participan colexios de toda a comunidade galega, coa finalidade de investigar, divulgar e poñer en valor as receitas tradicionais de Galicia a través da lingua galega e dos medios de comunicación.Os centros conectan entre si a través da rede social Instagram grazas á conta educativa da coordinadora @aclasede_fun.

Cada centro educativo crea un ou varios episodios de radio nos que o alumnado presenta unha receita típica da súa zona, combinando información gastronómica, cultural e social. Os programas inclúen narracións, entrevistas, curiosidades e lembranzas familiares.