Resultados da busca

Atopáronse 92 resultados relacionados coa súa busca:

Contos de Samaín

Os máis cativos do colexio Veleiro-Docampo, de Castro de Rei, escribiron unha morea de contos de medo polo Samaín, e ademais ilustráronos cos seus propios debuxos. Nada mellor que xuntalos nunha mostra ben xeitosa para que poidades gozar deles.


Magosto e concurso de contracapas

Actividade do CEG da Habana. A Facultade de Artes e Letras da Universidade da Habana acolle o 10 de novembro unha actividade no marco do proxecto GALEUSCAT.

O alumnado da Universidade da Habana e público en xeral, pode participar na celebración dunha festa tradicional, que coincide co Samaín galego e o magosto, tamén co gastainerre vasco e a castanyada catalá. Cada territorio explicará a súa tradición específica de festexar esta data e haberá cancións do tempo do inverno así como degustación de produtos típicos desta época do ano (castañada, panellets, kalimotxo, queimada).

Ademais, ten lugar o concurso de contracapas sobre literatura galega, catalá e vasca.


O noso Samaín

Entre as diferentes actividades que realizou o CEIP Sárdoma - Moledo para conmemorar o Samaín atopamos estes vídeos nos que o alumnado de 5º e 6º nos ofrece unha arrepiante explicación da orixe desta celebración, os costumes típicos e os seres terroríficos que a acompañan; e o de 3º e 4º, a detallada elaboración de ricas receitas con cabaza.


Escritura creativa no Samaín

Unha proposta xenial para o Samaín da profesora Monse García, do CPR La Inmaculada, que motiva o alumnado a escribir relatos de medo protagonizados por personaxes da nosa mitoloxía.


Tradición oral para o tempo de Samaín e Magosto

Nestes días previos á conmemoración do Samaín e á celebración dos magostos, o EDLG do CEIP López Ferreiro compilou, en colaboración coas familias, esta selección de refráns e ditos da tradición oral relacionados con estas datas. Algúns deles tamén se presentan en linguaxe pictográfica para que os poida entender o alumnado con dificultades de comunicación.


Quentando motores para o Samaín

Radio Cristinuna, en colaboración co EDLG do CEIP Plurilingüe A Cristina de Carballo, comparte con toda a comunidade educativa esta compilación de recursos e materiais didácticos (tríptico, xogos, historias terroríficas...) especialmente útiles para traballar e festexar as vindeiras celebracións do Samaín e do Magosto.


Samaín e Halloween

Neste programa de Radio Monelos, o alumnado do centro coruñés explícanos, ademais do significado das palabras Samaín e Halloween, cal foi a orixe destas dúas tradicións e os aspectos que teñen en común. Un traballo moi ben documentado, que afonda nas características das dúas celebracións e nos axuda a diferencialas.


Catálogo de seres mitolóxicos galegos

Neste catálogo do IES Terra de Turonio, ideado pola profesora de lingua galega, atopamos a explicación da nosa festa do Samaín e, aínda que disfrazarse non forma parte da tradición, se o queremos facer podémonos inspirar nalgunha das moitas figuras terroríficas de noso que nos presenta.


Representación do conto 'A min non me comas!'

Na aula de medo da biblioteca do CEIP Ramón de Valenzuela, o alumnado de 6º representou este conto de temática moi acaída para o Samaín e que conseguiu divertir por igual a rapazada e a xente maior.


Combate os feitizos contra o Planeta

Sensibilizar o alumnado sobre o cambio climático e as súas consecuencias é unha prioridade nas aulas galegas, tamén no CEIP Ponte dos Brozos, que nos propón este genially no que se combina a temática ambiental coa do Samaín. No xogo, as nenas e os nenos deste centro arteixán deberán superar unha serie de retos para salvar o planeta Terra do meigallo dunha bruxa.