Valentín García acompaña a Xoán Carlos G. Porral na presentación de 'As tres mouras da Fonte Lantana'

Volver

Lalín (Pontevedra), 23 de novembro de 2019.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou este mediodía a Xoán Carlos García Porral na presentación da obra As tres mouras da Fonte Lantana. O libro sae do prelo de Edicións Fervenza co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, Queixos Hoxe e Restaurante Enxebre Porta do Sol de Silleda. No acto, celebrado na Casa do Concello de Lalín, participaron tamén a conce-lleira Marisa Álvarez; o ilustrador da obra, Gabriel Iglesias; o presidente da Fundación Amigos de Galicia, Miguel Villar, e o escritor e dinamizador cultu-ral Celso F. Sanmartín.