Volver

Valentín García participa en Curtis no acto de entrega de premios do XV Certame de Narración Curta "Diario Marciano"

Fixéronse cos primeiros premios Nee Barros e Prince Vidal

Curtis (A Coruña), 19 de setembro de 2020.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega de premios do XV Certame de Narración Curta do Concello de Curtis "Diario Marciano". Os primeiros premios das categorías para menores e maiores de idade foron para os pontevedreses Nee Barros e Prince Vidal, respectivamente. No acto participaron tamén as escritoras Lucía Aldao, coordinadora do certame e Yolanda Castaño, membro do xurado.