O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación de Xocas revisitado. Lembranza de Xaquín Lorenzo Fernández

Volver
  • Presentación do libro Xocas revisitado. Lembranza de Xaquín Lorenzo Fernández

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2021.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe ao serán en San Domingos de Bonaval no acto de presentación do libro Xocas revisitado. Lembranza de Xaquín Lorenzo Fernández. A obra, coordinada por Justo Beramendi e por M.ª Xosé Fernández Cerviño, edítana conxuntamente a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, o Parlamento de Galicia e o Padroado do Museo do Pobo Galego. Recompila, ademais doutros traballos adicionais, a homenaxe a Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas, celebrada o 18 de xullo de 2019 na súa casa familiar de Facós, Lobeira (Ourense) e na cidade de Ourense, coincidindo co 30ª aniversario do pasamento do etnógrafo galeguista integrante da Xeración Nós.