Valentín García participa nun encontro cos participantes do Festival USCénica

Volver

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2021.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo un encontro cos participantes no festival de artes escénicas da Universidade de Santiago de Compostela USCénica. No encontro participaron tamén o reitor da dita Universidade, Antonio López, e a vicerreitora de Igualdade Cristina López.

O festival USCénica desenvólvese entre o 21 de xuño e o 10 de xullo, con programación continua de mércores a sábado e con funcións no Auditorio da Universidade, en cuxa terraza tivo lugar o encontro, no Teatro Principal, no Salón Teatro e na igrexa da Universidade.