Valentín García visita o mural co que a artista Maru Godás homenaxea a figura de Rosalía de Castro
VolverSantiago de Compostela, 12 de febreiro de 2022.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou esta mañá o mural que a artista e directora de Compostela Ilustrada, Maru Godás, estivo a realizar desde onte no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela. Baixo o lema “Rosalía inspírame”, a ilustradora creou unha obra coa imaxe de Rosalía nun soporte dun metro e medio, con pinturas acrílicas, para homenaxear á autora de Follas Novas no mes do seu nacemento.
A esta celebración tamén se sumou a poeta Tamara Andrés quen, despois de ler en distintos puntos da cidade poemas de Rosalía, acompañou o quefacer de Maru Godás cun recital no mercado compostelán.