Santiago de Compostela, 15 de maio de 2024.- “Levade a cultura e a lingua galega sempre con vós”, transmitiulles o secretario xeral da Lingua, Valentín García, ás mozas e mozos do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, ao tempo que lle daba os parabéns á comunidade educativa polo traballo na exposición ‘Un canto na procura da luz’, en homenaxe a Luísa Villalta.
No marco da celebración do Día das Letras Galegas 2024, a mostra inaugurouse este mércores coa intervención tamén do director do centro, Xavier Mouriño, e dos docentes Ana García, Juanjo Raíces e Marga Romero.