O secretario xeral da Lingua asiste ao recital “Micro aberto”

Volver

Na libraría do Corte Inglés de Santiago de Compostela na véspera do Día das Letras Galegas.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2024.- Valentín García asistiu este xoves 16 de maio ao recital “Micro aberto”, evento principal do ciclo ciclo “Celebrando as nosas raíces", que tivo lugar na libraría do Corte Inglés de Santiago de Compostela. Alén de estar aberto ás lecturas do público en xeral, participaron, entre outros autores: Marilar Aleixandre, María Carmen Caramés, Beatriz G.Turnes, Carlos Labraña, Ana Lojo, Rosalía Morlán, Mercedes Pacheco, Carmen Sampedro, María Solar e Abel Tomé.

O recital tamén se celebrou noutras cidades. Na Coruña participaron Abraham Pérez, Arantxa Serantes, Fernando Castro, Isabel Ramos, María Nieto, Miguel Ángel Biurrun e Rocío Mañana. En Vigo, achegáronse a darlle voz á lingua galega a través das súas lecturas os escritores An Alfaya, Antonio García Teijeiro, Juan Parcero, Mar Mato Pérez, María Alonso Seisdedos, Reka Refojos, Rexina Vega, Susi de la Torre e Xulio Teixeira.