Valentín García participa en Vigo no acto de entrega dos Premios Xerais 2025

Vigo, 11 de outubro de 2025.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe ao mediodía no acto de entrega dos Premios Xerais 2025, celebrado no Museo do Mar de Galicia. As obras Mulleres que viven xuntas, Erin e o lobo e O corvo sobre a neve resultaron gañadoras do XLII Premio Xerais de Novela, o XL Premio Merlín de Literatura Infantil e o XVII Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. As autoras dos textos son Abril Camino, Érica Esmorís e Andrea Maceiras, respectivamente. Cada un dos galardóns ten unha dotación de 10.000 euros.

Imaxes relacionadas