Valentín García visita en Cerceda a mostra “Cantade todas a unha”
VolverCerceda (A Coruña), 9 de decembro de 2025.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, visitou a mostra “Cantade todas a unha. O cantigueiro popular galego”, coa que a Xunta de Galicia conmemora as Letras Galegas 2025. A exposición, que concluirá este mes a súa itinerancia, pódese visitar ata mañá na sala Xosé Neira Vilas da Biblioteca Pública Municipal. Fará parada ata finais de ano no Museo do Pobo Galego, a partir do venres.