O Carballiño, 13 de decembro de 2025.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe no acto de entrega de premios do II Concurso de Microrrelatos convocado polo Instituto de Estudos Carballiñenses, celebrado no marco da asemblea anual desta entidade, no que resultaron galardoados Antonio Saco, David Fuentes e Pablo Pérez (3º, 2º e 3º premio, respectivamente). Tamén se presentou o nº 44 da revista Ágora de Orcellón.