Valentín García participa no roteiro A Compostela de Begoña Caamaño

Volver

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no roteiro A Compostela de Begoña Caamaño, que percorreu os principais espazos composteláns frecuentados pola autora homenaxeada polas Letras Galegas 2026 da man da historiadora Encarna Otero. O responsable da Lingua tamén participou, a continuación, na presentación da obra homónima, editada por El Patito Editorial no marco da programación das Letras Galegas 2026 apoiada pola Xunta de Galicia.