A Coruña, 14 de maio de 2026.- A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, por medio da Secretaría Xeral da Lingua, e Renfe Viajeros colaboran un ano máis para homenaxear a figura homenaxeada pola Real Academia Galega este 17 de maio, Begoña Caamaño. Ao longo de todo este mes, a imaxe institucional do Día das Letras Galegas da campaña da Xunta de Galicia viaxará nos repousacabezas dos trens de alta velocidade dos traxectos de Media Distancia e Avant entre A Coruña, Santiago de Compostela e Ourense e entre Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña. Ademais, e coma sempre desde o ano 2017, os espazos de información das persoas viaxeiras exhibirán nas estacións ferroviarias unha das coleccións de carteis gañadoras do Concurso Escolar das Letras Galegas 2026.