Santiago de Compostela, 15 de maio de 2026.- Un ano máis, o alumnado que estuda galego no IE Vicente Cañada Blanch de Londres visita Galicia no marco da súa Viaxe da Lingua 2026, que os achega de primeira man á lingua, literatura e cultura galegas durante unha semana. O secretario xeral da Lingua, Valentín García; o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a directora-xerenta da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, recibiron hoxe no Gaiás aos 22 alumnos e alumnas e o seu profesor, Román Landín, no remate do seu periplo cultural deste curso.