Valentín García participa en Mos na presentación do festival Son do Pazo'26

Mos (Pontevedra), 29 de xuño de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación da XI edición do festival Son no Pazo'26, que acolle os días 29 e 30 de agosto o Pazo de Mos co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. O amplo programa inclúe as IV Olimpíadas Rurais, pasarrúas coa Nosa Terra de Pereiras, animación infantil, obradoiro de baile e actuacións de Airiños do Castelo, Ikusgarri Euskal Dantzak Taldea, Comando Curuxas, Faltriqueira, De Ninghures e Tres Pesos.

Imaxes relacionadas