Chantada (Lugo), 3 de xullo de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no acto de presentación da obra A explotación de Arxila e a súa transformación nas terras do Condado de Pallares (século XVIII e ss.), coa que María de los Ángeles Verea Castelo se proclamou gañadora da décimo sétima edición do Certame de Investigación Condado de Pallares, que organiza a Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, de Guntín, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, a Dirección Xeral de Cultura, a Deputación de Lugo, os GDR Comarca de Lugo e Miño-Ulla, Caixa Rural Galega e os concellos de Guntín, Taboada e Chantada.