Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe na presentación do libro O salmón do Ulla, de Miguel Piñeiro e Alberto Torres. A obra, editada por Galaxia co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, analiza a situación do salmón, así como a súa bioloxía e os programas de seguimento del, recuperando artigos históricos e datos recentes arredor da súa pesca e incluíndo táboas de capturas desde hai máis de 75 anos.