Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2026.- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o actor Alberte Montes presentaron hoxe en Santiago a actividade de dinamización lingüística Galego pode selo calquera, un monólogo cómico teatral que se poderá gozar desde hoxe no Carballiño, en Boiro, en Ribadeo e en Toén no marco do programa FalaRedes 2026. Toda a información no Portal da Lingua Galega.